Saltar ao contido

Marie Henri d'Arbois de Jubainville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarie Henri d'Arbois de Jubainville

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Henri d'Arbois de Jubainville Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1827 Editar o valor en Wikidata
Nancy, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte26 de febreiro de 1910 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
XIV Distrito de París (Francia) Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole des chartes (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tese académicaRecherches sur la minorité et ses effets dans la France coutumière au Moyen Âge (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria, arqueoloxía e filoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, arquiveiro, arqueólogo, catedrático, historiador, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCollège de France (pt) Traducir, catedrático (1882–1910) Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosÉmile Ernault (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosPaul d'Arbois de Jubainville Editar o valor en Wikidata
PaiCharles Joseph d'Arbois de Jubainville Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Library of the World's Best Literature (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX885062

Marie Henri d'Arbois de Jubainville, nado en Nancy o 5 de decembro de 1827 e finado en París o 26 de febreiro de 1910, foi un historiador e filólogo francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1851 deixou a École des Chartes co título de arquivista paleográfico. Destinado aos arquivos de Aube, onde traballou ata a súa xubilación en 1880.

Publicou gran número de inventarios, Répertoire archéologique du département (1861), Histoire des ducs et comtes de Champagne depuis le VIe siècle jusqu'à la fin du XIe (1859-1869) (8 volumes), e en 1880 Les Intendants de Champagne. Atraído pola filoloxía publica Étude sur la déclinaison des noms propres dans la langue franque à l'époque mérovingienne. En 1877 publicou Les Premiers habitants de l'Europe

Atraído polos galos, comezou a estudar as linguas, literatura e leis celtas, dos que se converteu nunha autoridade. En 1882 foi nomeado profesor da recentemente creada Cátedra de linguas célticas do Collège de France. Introduction à l'étude de la littérature celtique (1883), L'Épopée celtique en Irlande (1892), Études de droit celtique (1895), Les Principaux auteurs de l'Antiquité à consulter sur l'histoire des Celtes (1902) son as súas obras principais sobre temas célticos, el foi o primeiro en Francia en estudar a antiga literatura irlandesa de forma profesional.